.

O abastecemento de auga chega a Margarideiros e Partida

22 Marzo 2018

Finalizadas as obras de abastecemento de auga, aos pobos de Margarideiros e Partida, que ata agora non contaban con este servizo.

As obras, que contaron coa subvención por importe de 45.000 €,  da Deputación de Ourense, permiten, por primeira vez, que a auga da traída chegue ás billas dos veciños destes pobos.

Unha grande satisfacción para o concello participar na implantación de servizos que melloran sustancialmente, a calidade de vida dos veciños. Noraboa a Margarideiros e Partida!

Está aquí: Home Más novedades y eventos Novas O abastecemento de auga chega a Margarideiros e Partida