.

Festa para conmemorar o centenario da primeira casa de Vilavidal

03 Abril 2018
 
Neste 2018 cúmprense cen anos desde a familia Vidal construíu a primeira casa na localidade que adoptou o seu apelido,  Vilavidal. 
 
Un evento que merece ser conmemorado e con ese motivo, o fin de semana do 30 de novembro, coincidindo con San  Andrés, celebrarase unha gran festa, que a Asociación Cen Anos de  Vilavidal xa está a preparar.
 
Haberá exposicións, con fotografías e documentos da época  e estase traballando na edición dun libro que recolla a historia do pobo.
 
A música correrá a cargo da gran orquestra Panorama, para que veciños e visitantes gocen dunha gran celebración.
Está aquí: Home Más novedades y eventos Novas Festa para conmemorar o centenario da primeira casa de Vilavidal