Domingo, 07 Maio 2017 11:29

Celebración da romaría na hora da Virxe de Guadalupe

Onte, 6 de maio, a parroquia de Casardeita, celebrou a romaría na honra da virxe de Guadalupe de Abeledo.

  

A unión dos veciños estivo de manifesto, na comida de confraternidade que ven sendo costume, na que se compartiron viandas, sobremesas e as bebidas e licores que cada familia trouxo da súa casa para poñer en común.

     

A festa foi amenizada pola Coral de Pontedeva, que precisamente actuaba por primeira vez ante o público, e a quen lle agradecemos que elixira o noso Concello para o seu debut. Parabéns por a entrega e o bo facer!

 

 
Vostede está aquí: Home