Mércores, 10 Maio 2017 10:12

"Iniciativa xove", axudas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2017, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
 
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de maio de 2017.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento BS306B.
 
Vostede está aquí: Home