.
Convocatoria de emprego: Chófer de tractor, Operario de servizos varios e Peón de Fontanería Xoves, 14 Febreiro 2019 Prazo de inscrición na convocatoria: Do 15 ao 21 de febreiro de 2019 &nb...
Mellora de infraestruturas en A Corredoira Mércores, 13 Febreiro 2019 Estanse a levar a cabo traballos de acondicionamento do camiño e acceso ao p...
Redes ultrarrápidas de acceso a internet Martes, 22 Xaneiro 2019 A Xunta de Galicia en colaboración co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvem...

Redes ultrarrápidas de acceso a internet

22 Xaneiro 2019

A Xunta de Galicia en colaboración co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), está a despregar redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. Nesta primeira fase beneficiaranse os núcleos de VILAVIDAL e O VISO.

 

Adicionalmente, en novembro de 2018, o Estado concedeu novas subvencións que permitirán proximamente, servizos de acceso ultrarrápido a internet na localidade de O PICOUTO.

 

Lembramos tamén que o DOG publicou o 9 de novembro de 2018 a convocatoria de subvencións para a dotación de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas de zonas do rural galego, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes de subvencións ata o 31 de xaneiro de 2019. O principal requisito dos solicitantes é o de non dispoñer actualmente de cobertura de máis de 30Mbps ni previsión da mesma. Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0177-311018-0002_gl.html

Vostede está aquí: Home Máis edictos Novas Redes ultrarrápidas de acceso a internet