.

Aviso "revisores da auga"

03 Agosto 2017
Trasládannos varios veciños o aviso de que están recibindo chamadas ou incluso visitas ao seu domicilio, de "revisores" que pretenden facer inspeccións da calidade da auga nas propias casas.
 
Queremos avisar a toda a veciñanza, que POR PARTE DO CONCELLO NON HAI INSTRUCIÓNS A NINGUNHA EMPRESA EXTERNA DE FACER REVISIÓNS DE NINGÚN TIPO EN CASAS e DOMICILIOS DE PARTICULARES.
 
Suxerimos asesorarse antes de contratar este tipo de servizos ou compras. Para máis información dirixirse ás oficinas do Concello ou por teléfono no 988 491 523
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Aviso "revisores da auga"