.

Constituído o xurado dos premios rebulir 2017

01 Setembro 2017
Onte, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, reuniuse o xurado  dos Premios Rebulir 2017. Neste encontro acordaron aos que serán os gañadores desta edición. A comisión deste ano está composta por Sandra González, Alexandre Sotelino e Susana Durán por a Asociación Cultural Rebulir, ademais de Antonio Piñeiro (técnico celanovés e secretario da Fundación Curros Enríquez), Juan Carlos Rodríguez (alcalde de Ramirás), Rosendo Fernández (vicepresidente da Deputación de Ourense) e Anxo Lorenzo (secretario xeral de Cultura).
 
Os distintos galardoados nas categorías de música galega, patrimonio inmaterial e o premio homenaxe a un personaxe da zona, daranse a coñecer a próxima semana e os premios entregaranse na gala  do Festival Internacional Rebulir, previsto para o 16 de decembro. 
 

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Constituído o xurado dos premios rebulir 2017