.

15 municipios ourensáns recibirán parcelas do Banco de Terras

09 Setembro 2017

No día de onte, celebrouse unha reunión entre representantes de quince concellos ourensáns e a dirección da Axencia de Desenvolvemento Rural. A finalidade do encontro era a exposición do proceso do traspaso de fincas do Banco de Terras sen utilidade agraria a os municipios participantes, Ramirás entre eles.

Neste encontro, expuxéronse cada unha das 205 parcelas que pasarán a ser titularidade municipal dos quince concellos asistentes.

O seguinte paso, é o estudo do plan de cesión, por parte de cada un dos concellos, para presentar suxestións se fóra preciso.

 

 

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas 15 municipios ourensáns recibirán parcelas do Banco de Terras