.

Xornada cos Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova

30 Setembro 2017

Intensa xornada compartida co Corpo de Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova, á que pertence o Concello de Ramirás. Unha demostración e posta en práctica do traballo que desenrolan na intervención en accidentes de tráfico.  

Houbo tamén, unha mostra do equipamento e ferramentas que a diario usan no seu labor. 

Outro dos fincapés, fíxose na importancia da prevención de accidentes e consellos de como proceder si nos atopamos nesas circunstancias.

Desde o Concello de Ramirás queremos agradecer á implicación e a profesionalidade de tódolos membros do Corpo de Bombeiros, e a todos os que colaboran con esta agrupación, facendo que as nosas estradas sexan máis seguras.

(Preme aquí para ver máis imaxes)

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Xornada cos Bombeiros da Mancomunidade Terras de Celanova