.
Obradoiro de autodefensa para mulleres Martes, 08 Xaneiro 2019 Mediante este obradoiro, pretendese xerar un espazo que permita ás mulleres ...
Os Reis Magos visitaron Ramirás Sábado, 05 Xaneiro 2019 Os Reis Magos estiveron visitando hoxe o noso concello de Ramirás. Ás 1...
Reconstrución da fonte de Almariz Martes, 01 Xaneiro 2019 A fonte de Almariz está sendo reconstruída despois da caída dunha árbore ...

Próxima convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias"

05 Xaneiro 2018

Por si resulta do teu interese, anunciámoste que Agader a través do DOG publicará o 29 de xaneiro de 2018 unha nova  convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias", dentro da medida 6.4 "Investimentos en actividades non agrarias" do PDR de Galicia 2014-2020.

 
A convocatoria será moi similiar a publicada no ano 2017 (http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda/empresas-non-agricolas )
A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.
 
Beneficiarios:
 
1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
3.Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
 
 
Proxectos Subvencionables:
 
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000€. 
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
 
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, serán subvencionables:
 
a) Compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o seu desenvolvemento.
b) Execución de obras e/ou instalacións encamiñadas á mellora ou ampliación de edificacións existentes na empresa  que sexan necesarias para a instalación e funcionamento da maquinaria adquirida.
O importe máximo subvencionable para este concepto non superará o 50% do total dos gastos subvencionables,  ata o límite de 100.000€ 
 
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables, ata un máximo de 200.000€
 
Para calquera dúbida os promotores poden porse  en contacto con AGADER a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 – 981542690
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Próxima convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias"