.

O presidente do Parlamento de Galicia recibe ao noso alcalde e ao presidente da Asociación Rebulir.

22 Xaneiro 2018

Esta tarde, o noso alcalde, Juan Carlos Rodríguez, xunto co presidente da Asociación Cultural Rebulir, Alexandre Sotelino, foron recibidos polo  presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira,  no seu despacho da Cámara galega , quen coñeceu de primeira man as diferentes iniciativas que están a desenvolver, no Concello de Ramirás, no ámbito da preservación e difusión da cultura galega.

Miguel Ángel Santalices, felicitou a Juan Carlos Rodríguez e Alexandre Sotelino polo recente premio Xabier Prado "Lameiro", outorgado á Asociación Rebulir o pasado venres como recoñecemento ao labor cultural que esta entidade ven desenvolvendo con grande repercusión. 

   

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas O presidente do Parlamento de Galicia recibe ao noso alcalde e ao presidente da Asociación Rebulir.