.
Taller de RISAPLUS Venres, 01 Marzo 2019 Queres divertirte? Queres pasalo ben?  Acude cada mércores do mes d...
Convocatoria de emprego: Chófer de tractor, Operario de servizos varios e Peón de Fontanería Xoves, 14 Febreiro 2019 Prazo de inscrición na convocatoria: Do 15 ao 21 de febreiro de 2019 &nb...
Mellora de infraestruturas en A Corredoira Mércores, 13 Febreiro 2019 Estanse a levar a cabo traballos de acondicionamento do camiño e acceso ao p...

A delegada territorial e a directora xeral de infancia, da Xunta de Galicia, visitaron a ampliación do Punto de Atención Infantil

24 Xaneiro 2018

Hoxe, contamos no noso concello coa presenza de Marisol Díaz Mouteira, delegada territorial da Xunta de Galicia, acompañada de María Amparo González Méndez, directora xeral de familia, infancia e dinamización demográfica.

O obxecto da súa visita foi a supervisión do Punto de Atención Infantil (PAI) do Viso, cuxas instalacións acaban de ser ampliadas e re-acondicionadas para dar maior cobertura e comodidade aos cativos do noso concello. As obras desenvolvidas, contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, que aportou 14.000 euros a tal feito.

Dende o Concello, queremos agradecer ás dúas a súa presenza, así como a agarimosa atención cos nosos pequechos.

   

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas A delegada territorial e a directora xeral de infancia, da Xunta de Galicia, visitaron a ampliación do Punto de Atención Infantil