.
Taller de RISAPLUS Venres, 01 Marzo 2019 Queres divertirte? Queres pasalo ben?  Acude cada mércores do mes d...
Convocatoria de emprego: Chófer de tractor, Operario de servizos varios e Peón de Fontanería Xoves, 14 Febreiro 2019 Prazo de inscrición na convocatoria: Do 15 ao 21 de febreiro de 2019 &nb...
Mellora de infraestruturas en A Corredoira Mércores, 13 Febreiro 2019 Estanse a levar a cabo traballos de acondicionamento do camiño e acceso ao p...

Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos. (Procedemento BS410A)

31 Xaneiro 2018
Publicadas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2018.
 
Tipo de axuda e contía.
 
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
 
a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
 
b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
 
c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
 
Prazo de presentación de solicitudes: (01/02/2018 - 21/03/2018)
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos. (Procedemento BS410A)