.
Instalacións Pechadas por Alerta Sanitaria no Concello de Ramirás Martes, 17 Marzo 2020 Mediante este comunicado o Concello de Ramirás informa que:   D...
Instalacións Abertas por Alarma Sanitaria Martes, 17 Marzo 2020 De conformidade co Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de ala...

Programa "INICIATIVA XOVE"

16 Maio 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Xunta de Galicia, convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís.

A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de xuño de 2018.
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Programa "INICIATIVA XOVE"