.
Obradoiro de autodefensa para mulleres Martes, 08 Xaneiro 2019 Mediante este obradoiro, pretendese xerar un espazo que permita ás mulleres ...
Os Reis Magos visitaron Ramirás Sábado, 05 Xaneiro 2019 Os Reis Magos estiveron visitando hoxe o noso concello de Ramirás. Ás 1...
Reconstrución da fonte de Almariz Martes, 01 Xaneiro 2019 A fonte de Almariz está sendo reconstruída despois da caída dunha árbore ...

Terra de Celanova e a Baixa Limia unidos para crear un novo xeodestino

16 Maio 2018

 

Os alcaldes e alcaldesas de Terra de Celanova e os da Baixa Limia, formalizaron onte un acordo para a creación dun novo xeodestino, co propósito de xestionar en común e dar visibilidade aos recursos turísticos e gastronómicos dos municipios participantes.

Por parte de Terra de Celanova os concellos adheridos son A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Quintela de Leirado, Padrenda, Pontedeva, Ramirás y Verea; en canto á Baixa Limia, participarán os cinco concellos que compoñen esta comarca: Lobios, Lobeira, Muiños, Entrimo e Bande.

Ademais das aportacións económicas dos municipios en base ao seu tamaño, o proxecto, contará coa  participación  do Inorde e da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia. 

 

  

 

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Terra de Celanova e a Baixa Limia unidos para crear un novo xeodestino