.

BS613B - Axudas individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade.

12 Abril 2017
Publicada a orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva e de carácter non periódico. (Procedemento BS613B)
 
A finalidade destas axudas é a de colaborar en determinados gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2017, destinados a:
a) Facilitar a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal.
b) Facilitar a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal.
 
Unicamente poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.
 
O prazo de solicitudes remata o 11 de maio de 2017
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas BS613B - Axudas individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade.