.

Bono Concilia. Axuda para renovación de praza/novo ingreso en escolas infantís particulares. (Programa BS403A)

25 Maio 2017

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude do Bono Concilia ás familias con fillos e fillas menores de tres anos. 

O Bono Concilia, consiste en   axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia (procedemento BS403A), e proceder á súa convocatoria para o curso 2017/18.
 
A axuda consistirá nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de 11 meses.
 
A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar e non poderá superar en ningún caso o custo da praza.
 
Prazo de presentación de solicitudes, do 25 de maio ao 26 de xuño de 2017.

Acceso ao portal da Xunta de Galicia para máis información e solicitudes

Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas Bono Concilia. Axuda para renovación de praza/novo ingreso en escolas infantís particulares. (Programa BS403A)