Banner Turismo

Para Ramirás é moi importante darse a coñecer, e que a xente descubra o seu alto valor patrimonial, histórico, literario e natural. Dende esta sección poderás ter aceso a información sobre todo o que precisas para aloxarte, onde comer, que visitar e, tamén, unas pinceladas sobre a historia deste pobo galego.
.
.
.
 

É Ramirás un Concello creado en 1926, tras a fusión dos antigos de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do outrora priorado de Celanova, san Salvador de Paizás, era chamado así mesmo nos tempos antigos “de Eiras”, sabendo pola documentación do mosteiro que era o nome que se lle daba entón ao río Tuño, eixo e centro destas terras desde os primeiros rexistros históricos a fins da Alta Idade Media.
Hoxe en día fanse grandes cambios en pouco tempo, que transforman o espazo, e alteran a percepción dos recordos gravados nas memorias colectivas. O cambio da actividade produtiva nos últimos trinta anos fixo que se abandonasen seculares usos no campo e no bosque, o que afectou á vida e ás propias vivendas. Así as agrupacións de hórreos á beira das eras, tan necesarias para conseguir o pan, hoxe son conxuntos de protección especial como ben cultural, concepto do patrimonio histórico que comezou a aplicarse en España lentamente desde 1960, e que os emigrantes do Concello podían captar con facilidade nos seus lugares de acollida; proceso que non se produciu entre nós ata fai uns quince anos.
As imaxes simbólicas principais continúan sendo as das igrexas parroquiais; pero hai novos símbolos en case todas elas e, sobre todo, na capital municipal. Á beira delas están os novos edificios, e os parques e xardíns. Así algún naceu ao seu lado, como o de san Paio dous Pitos. Pero hai outros novos como o escudo e a bandeira do Concello, que unen historia e sentimentos, e que convén destacar como novos signos identificadores da colectividade.

O municipio de Ramirás encádrase na Comarca de Terra de Celanova na provincia de Ourense, comunidade autónoma de Galicia, España.
No ano 2005 o centro do Concello está en O Picouto (parroquia de Freás), á beira da estrada comarcal nº 531, o novo eixo que de Leste a Oeste vertebra o ritmo dos tempos cara a Cortegada e os límites da galeguidade na fronteira portuguesa. Pero parte, como nas épocas antigas, de Celanova, a cabeza comarcal.
 
Vostede está aquí: Home Turismo