.
Axudas para a adquisición de vivendas Lunes, 19 Agosto 2019 A xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, convoca ...
Convocatoria de emprego BRIGADAS FORESTAIS Viernes, 19 Julio 2019 Convocatoria de selección de persoal de "Brigada de Incendios", para a provi...
Os Bolechas veñen a Ramirás Miércoles, 10 Julio 2019 O mércores, 25 de xullo, ás 12:30 h., estarán os Bolechas no Centro Cultur...

Novas

19 Agosto 2019 K2_CATEGORY Novas

A xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, convoca o Programa de Axudas para a Adquisición de Vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Os solicitantes deben ter menos de 35 anos.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro do 2019.

Máis información:
Instituto Galego de Vivenda e Solo
Rúa Sáenz Díez, 1 - 32003 Ourense
tel. 988 386 268
10 Julio 2019 K2_CATEGORY Novas

O mércores, 25 de xullo, ás 12:30 h., estarán os Bolechas no Centro Cultural O Picouto, co seu espectáculo "Somos unha gran familia".

 

Esta actividade englóbase dentro do programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia, falaRedes.

 

19 Julio 2019 K2_CATEGORY Novas

Convocatoria de selección de persoal de "Brigada de Incendios", para a provisión dos seguintes postos:

- 1 xefe de brigada

- 1 peón-conductor

- 3 peóns
 

 

 

20 Junio 2019 K2_CATEGORY Novas
Do 22 de xullo ao 2 de agosto de 2019, en horario de 10:30  a 13:30 hs., teremos o campamento de verán do Concello de Ramirás, que se desenvolverá no local de San Andrés en Vilavidal.
 
Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, empadroados neste concello.
 
As inscricións poderán realizarse no teléfono  988 49 15 23 ou nas propias oficinas municipais.
20 Junio 2019 K2_CATEGORY Novas
O domingo día 30 de Xuño, terá lugar a  a tradicional  ROMARÍA REBULDEIRA que servirá como peche do curso 2018/2019 da Asociación Cultural Rebulir.
 
A cita é a partir das 16:00 h.,  no Centro Cultural O Picouto deste Concello, onde actuarán todos os grupos da escola. 
 
Haberá xogos e actividades para o público infantil.
 
Como invitados, asistirá a agrupación "A Ponte Vella" de Teo e a pecharase a xornada cun concerto de XISCO FEIJOO TRIO, 
 
Contamos con vós!! 
 
 
02 Abril 2019 K2_CATEGORY Novas

Outorgado pola Deputación de Ourense, o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural, recompensa as iniciativas baseadas na cultura galega.

Acabamos de coñecer que o  colectivo premiado na edición do certame "Rodolfo Prada"  deste ano, é o Festival Internacional Rebulir (FIR), unha noticia que nos enche de satisfacción.

Dende o Concello de Ramirás, queremos transmitirlle os nosos parabéns á Asociación Rebulir, pola grande labor de dinamización cultural que veñen facendo e pola organización deste recentemente premiado Festival, que xa vai pola súa XIII edición.

O noso agradecemento, aos traballadores do concello, que ano tras ano poñen todo o seu interese no bo desenrolo das actividades.

Moitas grazas aos patrocinadores, voluntarios e en xeral, a todos os colaboradores que dun xeito ou outro participan en que o FIR, sexa un evento de referencia non só en Galicia, senón, en todo o territorio nacional

 

Ler noticia publicada na web da Deputación de Ourense

 

 

 

 

01 Marzo 2019 K2_CATEGORY Novas

Queres divertirte? Queres pasalo ben? 

Acude cada mércores do mes de marzo, ao taller de RISAPLUS, que terá lugar no Centro Social O Picouto.