.

BS412A - Programa de axudas económicas a familias para a ATENCIÓN A DOMICILIO de menores de 3 anos a través do programa Bono coidado.

10 Abril 2017

O BONO COIDADO é unha axuda económica, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para familias con nenos e nenas menores de tres anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación.

 
Consiste nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio nuns supostos determinados: enfermidade do/a menor, da persoa coidadora habitual, asistencia a entrevistas de traballo ou situacións laborais de carácter puntual que impidan a atención da nena ou neno polos membros da unidade familiar.
 
A administración recoñecerá ás familias que cumpran os requisitos o dereito a obter unha subvención para un máximo de 80 horas de servizos de conciliación a domicilio para o período que vai do 27 de agosto de 2016 ao 1 decembro de 2017.
A axuda farase efectiva unha vez se xustifique documentalmente o uso dos servizos.
A contía da axuda é variable en función da renda da unidade familiar e oscila entre os 7 e os 14 €/hora.
 
Presentación de solicitudes ata o 30 de setembro de 2017
 
Vostede está aquí: Home Máis novas e eventos Novas BS412A - Programa de axudas económicas a familias para a ATENCIÓN A DOMICILIO de menores de 3 anos a través do programa Bono coidado.